Colaboramos coa Asociación Morreu o Demo na organización do xogo “Á procura de Lupe” incluído no programa do Festival Titiriberia 2023.
Este xogo consiste en atopar á mascota do festival, Lupe, agochada na forma dun recortable de cartolina polos 12 escaparates nos que se desenvolve a mostra de títeres “Os monicreques de Kukas.
Se es capaz de descubrir o agocho nun mínimo de 8 locais poderás entrar nun sorteo de produtos locais e camisetas do festival.
Toda a información da mostra de títeres e do xogo en www.titiriberia.com.